Viernes 8 de Abril - Vigo Viernes 26 Mayo | Women Techmakers Galicia 2017

Más de 4 horas, 8 ponentes, 6 charlas tecnológicas. No te lo puedes perder.

Luz Castro Pena

Luz Castro Pena

Luz Castro Pena

Socia. Directora de in|gaming

imaxin|software

Enxeñeira en informática pola Universidade da Coruña. Socia fundadora de imaxin|software en 1997 onde dirixe o departamento de multimedia, especializado no desenvolvemento de proxectos educativos e serious games.

Desde 2008 compaxina este traballo coa docencia en Comunicación Audiovisual na UDC.

Fundadora da Plataforma polo Galego na Informática na época universitaria, formou parte da directiva de Eganet e actualmente é membro do Comité de Dirección do Cluster TIC, ademais de participar activamente en Startup Galicia e na Laconnetwork.

I Premio Ada Byron polo Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia.

Tenta rematar unha tese sobre estética e creatividade computacional.

Teño unha idea para un videoxogo

17:45 - 18:30

Comentaremos o proceso de creación de videoxogos, centrándonos na experiencia no desenvolvemento de serious games en imaxin|software, fases do proxecto, perfís implicados, problemas clásicos, erros que cometimos e casos de éxito, todo isto orientado a servir de guía para as persoas que podan estar interesadas no desenvolvemento de xogos ou que simplemente teñan curiosidade por coñecer o proceso desde a idea ao resultado final.

Entrada gratuita

Gracias al apoyo de nuestros patrocinadores este es un evento 100% gratuito. Tenemos plazas limitadas, por lo que debes estar registrado para acceder al recinto.

¡Apúntate!